Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Mazaricos mellorará o abastecemento de auga en Foxas e Lago

No mesmo pleno foi aprobada tamén a Conta Xeral de 2020.
Así estaba a Igrexa de Santa Baia de Chacín hai uns anos
Mazaricos mellorará o abastecemento de auga en Foxas e Lago

Segue utilizando o remanente que permite gastar o goberno central salvando a lei Montoro, o Concello de Mazaricos. O pleno aprobaba o investimento de roza e limpeza da contorna da Igrexa Parroquial de Santa Baia como primeiro paso do plan de posta en valor deste emblemático templo, e a execución de dous depósitos de abastecemento de auga, en Foxas e Lago. Tamén se inclúe a adquisición dunha segadora de tipo tractor cortacéspede e unha varredora manual.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, sinalou que mediante estas obras o Concello continuará a traballar en dúas liñas estratéxicas como son “a mellora do abastecemento de auga dos núcleos poboacionais do municipio” e “a conservación do noso patrimonio para potencialo entre veciños e visitantes”.

No mesmo pleno foi aprobada tamén a Conta Xeral de 2020.

comentarios