Mazaricos prepárase para a súa gran festa gastronómica do Bolo do Pote
07:12 19/02/16
Despois de triunfar na Feira Xantar, o Bolo do Pote prepárase para a súa gran data. Unha das citas gastronómicas máis auténticas da Costa da Morte terá lugar os días 5 e 6 de marzo.
Organizada pola A. Amas de Cas e a AA VV Monte Picado, participan na XVIII Festa do Bolo do Pote boa parte dos hostaleiros, que farán os seus menús degustacións, para as comidas e ceas do sábado 5.
O domingo 6 será o gran día, con pasarrúas e xantar no Campo da Feira (ademais de nos establecimentos). Haberá sesión vermú e verbena.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Mazaricos.