Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mazaricos reafírmase como a capital gandeiro da Costa da Morte

Mazaricos reafírmase como a capital gandeiro da Costa da Morte
Xornadas Tecnicas de Mazaricos

Moi boa acollida tivo a completa fin de semana agrogandeira en Mazaricos. Coincidiron a Xornada Láctea, a Poxa de Xovencas e a Feira do Comercio para convertir Mazaricos na capital gandeira da Costa.

O sábado foi tempo das conferencias na Xornada Técnica como a de LIGAL, a nova PAC, materias primas e a mesa de debate, que afondou na análise da problemática do sector.

Feira de oportunidades en Mazaricos

Aberta estivo toda a fin de semana a I Feira do Comercio Local Mazaricano que artellaron os membros da Asociación de Empresarios de Mazaricos AMEPA. Todo un éxito de participación e de público que aproveitaron para gastar en clave local.

O domingo foi o día da poxa, probablemente o momento cumio da fin de semana. Superou as espectativas da organización, tanto en público como en prezo dos animais. E así o podemos comprobrar co prezo da xovenca Dupa Xacobeo "Rita Alasca", a máis valorada cun prezo de venda de 3650 €.

Poxa de Xovencas en Mazaricos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios