Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mazaricos reivindícase como destino gastronómico de excelencia no Xantar a base de chuletón

Mazaricos no Xantar
Mazaricos reivindícase como destino gastronómico de excelencia no Xantar a base de chuletón

Semana gastronómica esta para a Costa da Morte. Ata Barcelona desprazábase, ao amparo da Deputación, unha expedición bergantiñá para espallar a nosa gastronomía no Forum Gastronomic. Mentres, ao Salón Xantar de Ourense acodiron varias propostas da comarca. Xa comprobamos como gustaron os Callos de Carnés e os pinchos irmandiños de Vimianzo, e ademais das Fabas de Ponteceso e o Percebe de Corme, mañá degustarán bos percebes da barca.

Pero outra das grandes presentacións desenvoltas durante a semanat tivo o selo MZ. O Concello de Mazaricos, cunha delegación municipal formada polo alcalde, Juan Blanco, e o concelleiro de Xestión Interna, Jorge Villar, presentou produtos tradicionais do noso Concello no stand de Turismo da Deputación da Coruña, acompañados por representantes da hostalería e o asociacionismo mazaricáns.

Un ano máis, o showcooking de chuletóns de vaca á brasa e a degustación de bolo do pote conquistaron os padais dos asistentes. José Manuel Carreira, do Asador Manduca (A Picota) foi o encargado da elaboración da carne, mentres que Laura Prado e Esther Muíño, membros da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos, distribuíron entre os curiosos o tradicional bolo do pote de Mazaricos, un dos produtos destacados da nosa cociña.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, que fixo de xefe de cerimonias, asegurou que “volvemos notar un interese crecente entre o público do salón polos produtos mazaricáns”. “Este ano rachamos todos os récords turísticos e temos claro que un dos polos de atracción de Mazaricos é a oferta gastronómica”, engadiu o rexedor.

Máis citas

O Concello continúa a promoción gastronómica, con presenza esta fin de Semana na Feira de Outono de Santa Comba e a semana que vén en INTUR, Feira Internacional de Turismo de Interior, en Valladolid.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios