Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos e Santa Comba presentan un pioneiro Plan Local de Saúde

  • O Concello mazaricán reclama o servizo de matronas no Centro de Saúde
Plan de SAude Mazaricos 2
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, xunto coa a xefa de servizo de Atención Primaria de Santa Comba, María Dolores López, e xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez.
Mazaricos e Santa Comba presentan un pioneiro Plan Local de Saúde

Mazaricos e Santa Comba serán a área de establecemento dun dos tres Plans de Saúde Local que a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza desenvolve. Estes programas procuran mellorar a eficiencia da atención sanitaria en base á mellora da satisfacción de pacientes e profesionais da saúde. Terá en conta os retos asistenciais causados pola situación demográfica de municipios como Mazaricos e o impacto da pandemia. O Plan fai fincapé na promoción da saúde, a prevención e a participación comunitaria.

Así, este Plan de Saúde, que require notable nivel coordinación e traballo en equipo entre administración local e sanitaria, xa arrinca coas primeiras peticións. A responsable de Servizos Sociais mazaricá, Sandra Alvite, trasladou a reclamación de que se estableza un servizo de matrona no Centro de Saúde de Mazaricos.
Alvite Ferreiro sinalou que “non é lóxico que as mulleres de Mazaricos teñan que facer un desprazamento de máis de 40 minutos ao Centro de Saúde de Muros para someterse a revisións xinecolóxicas rutinarias”. A concelleira engadiu que “é fundamental que as mulleres embarazadas de Mazaricos poidan facer un seguimento axeitado do seu estado, incluíndo a preparación do parto, sen ter que facer estas viaxes”.

Plan de Saude Mazaricos

Comentarios