domingo. 11.05.2025
El tiempo

Mazaricos une a Feria do Comercio e as xornadas gandeiras

Mazaricos une a Feria do Comercio e as xornadas gandeiras

Esta fin de semana de 30 de novembro e 1 de decembro serán completas en Mazaricos. A Semana Gandeira servirá para celebrar, por unha banda a 1ª Feira do Comercio, e pola outra as V Xornadas Técnicas do sector lácteo, así como a VII Poxa de Xovencas de Raza Frisona.

Xornadas Gandeiras

Xornadas Tecnicas gandeiras en Mazaricos

Nova xornada gandeira que acollerá Mazaricos durante os vindeiros sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro. O sábado 30 terá lgar a V Xornada Técnica do sector lácteo e o domingo a VII Poxa de Xovencas de Raza Frisona.

A V Xornada Técnica do sector lácteo, que terá lugar na casa da cultura da Picota terá varias interesantes conferencias: "LIGAL, laboratorio ao servizo do gandeiro", "A nova PAC e a súa influenza na agrogandería galega", "Mercado das materias primas. Unha volatilidade á que hai que adaptarse". Tamén haberá unha mesa de debate sobre a situación actual e prespectivas de futuro do serctor lácteo. Finalmente, a Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana Carballo, clausurará esta xornada.
Teñen o programa completo e xa se poden inscribir en www.mazaricos.net/agricultura/xornadalactea pois haberá un aforo limitado para 250 persoas.

Feira do Comercio

Feira do Comercio de Mazaricos

Ademais, a Asociación de empresarios de Mazaricos (AMEPA) en colaboración co Concello de Mazaricos organizan a “Feira do Comercio”. As carpas dos establecimentos que queiran participar se instalarán no polideportivo da Picota e estará aberto de 10:00 a 21:00h.

Ademais dos postos poderase disfrutar do menú gandeiro que se serve o domingo nos restaurantes O Verxer, FM, Casa Jurjo, Parrillada Liverpool e Cas Pego.

E atentos aos sorteos nos que se participa cas mesmas papeletas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios