Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mazaricos e Santa Comba vestíronse de verde no Día Mundial contra a ELA

A Igrexa de Sancosme vestida de verde polo ELA
A Igrexa de Sancosme vestida de verde polo ELA
Mazaricos e Santa Comba vestíronse de verde no Día Mundial contra a ELA
Os Concello de Mazaricos e Santa Comba uniuse á campaña en colaboración con Agaela (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica), e durante toda a fin de semana as Casas do Concello, así como e as igrexas parroquiais de Mazaricos están iluminadas de verde. Esta acción está enmarcada na campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de todo o Estado se iluminan en verde co obxectivo de facer visible a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que atravesan no día a día. A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta a 4000 persoas no Estado.

A concelleira de Cultura e Servizos Sociais mazaricá, Sandra Alvite, afirmou que “é un xeito de visibilizar este tipo de enfermidades e concienciar á poboación sobre cuestións como que un paciente con ELA precisa atención 24 horas ao día ou que o custo anual desta atención ascende a preto de 40.000 euros ao ano, dos cales só o 10% está cuberto polo sistema público”.

105044526_3028367370589570_6165836063822598608_n
Santa Comba tamén se puxo verde

Casa do Concello de Mazaricos vestida de verde polo ELA
A Casa do Concello de Mazaricos tamén se puxo verde

Comentarios