Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mazaricos viviu unha divertida festa de Entroido

Entroido Mazaricos 2023 3
Mazaricos viviu unha divertida festa de Entroido

Varios centos de veciñas e veciños mazaricáns participaron este saábado no Festival de Entroido de Mazaricos no recinto feiral. Unha tarde pensada para que a rapazada do concello se divertise e lucise os seus mellores disfraces.

O concurso de disfraces foi todo un éxito, con case 70 nenas e nenos participantes. En total repartíronse sete premios: tres en categoría individual, tres por parellas e un para comparsas. Ademais dos inchables e do obradoiro de máscaras, os asistentes puideron compartir unha estupenda chocolatada con doces típicos de Entroido, non faltando as filloas nin as orellas.

Entroido Mazaricos 2023

Entroido Mazaricos 2023 1
 

Entroido Mazaricos 2023 4

Xogos tradicionais

Paralelamente celebrouse o II Torneo de Iniciación á Billarda onde se deron cita afeccionados de todas as idades para redescubrir este deporte tradicional.

Máis novas do Entroido

Comentarios