Xoves. 28.10.2021
El tiempo

Mazaricos e Zas acollen un programa piloto da FRUGA de compostaxe

compostaxe
Imaxe de ADEGA
Mazaricos e Zas acollen un programa piloto da FRUGA de compostaxe

A Federación Rural Galega (FRUGA) vai desenvolver, co apoio económico da Deputación, un proxecto piloto de compostaxe no rural nos concellos de Mazaricos e Zas. O orzamento para esta iniciativa supera os 48.000€.

A primeira fase é de diagnóstico da xestión de residuos nestes dous concellos para despois realizar un traballo de campo que inclúe: divulgación, selección de participantes, formación e asesoramento.

A filosofía da Deputación é “establecer un modelo de economía circular en beneficio de toda a veciñanza porque, por unha banda, reducirase a factura de recollida de residuos do concello e, pola outra, as familias xerarán un recurso que acrecenta a fertilidade das súas terras”.

comentarios