Martes. 19.11.2019
El tiempo

Media hora bastou para celebrar o pleno de organización do Concello de Mazaricos

Primeiro pleno da nova lexislatura en Mazaricos
Primeiro pleno da nova lexislatura en Mazaricos
Media hora bastou para celebrar o pleno de organización do Concello de Mazaricos

Falabamos a semana pasada de soldos políticos, dedicacións e responsabilidade. Por Mazaricos parce que a lexislatura está encamiñada, despois da apenas media hora que durou o pleno de organización. Os grupos formados, BNG, PP e Grupo Mixto, aprobaron, coa abstención do PSOE, a proposta de dúas dedicacións exclusivas, unha para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro e outra para o edil que levará Réxime Interno, Funcionamento e Deportes, Jorge Domingo Villar Covas. A dedicación do alcalde conlevará un soldo de 30.000€, como o que viña recibindo.

Ademais, a tenente de alcalde será Beatriz Alvite que tamén se encargará de Medio Rural e Medioambiente; o 2º tenente de alcalde será Esteban Pereiro, que levará infraestruturas viarias e servizos públicos. Sandra Alvite terá a concellería de Igualdade e Cultura; Jorge Domingo Villar desenvolverá Réxime Interno, Funcionamento e Deportes; Jorge Sanmartín Turismo e promoción económica e das obras encargarase José Miguel Blanco.

Coa abstención do PP e o voto en contra do PSOE o pleno aprobou que os plenos se sigan realizando cada dous meses aprobou a periodicidade dos plenos que, como viña sendo habitual, continuarán sendo bimensuais.

Novas relacionadas

Comentarios