Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Miguel de Lira, Fede Pérez e Touriñán volven á gran pantalla con +Cuñaos

Miguel de Lira e Fede Perez en Mais Cunaos
Miguel de Lira e Fede Pérez entre o elenco de principais
Miguel de Lira, Fede Pérez e Touriñán volven á gran pantalla con +Cuñaos

Dous anos despois do rotundo éxito da primeira entrega de Cuñaos, a produtora galega Portocabo lanza a segunda entrega, chamada +Cuñaos. Cuñaos logrou a maior estrea na historia do cinema rodado en galego ata o momento, con máis de 120 salas na súa primeira fin de semana, chegando a países como Grecia, Suíza ou toda Latinoamérica.

Agora, a seguinte cita que teremos co cinema galego será a partir do vindeiro 19 abril cando se estreará na gran pantalla este +Cuñados, a secuela da exitosa comedia Cuñaos, gravada tamén integramente en Galicia. Nesta nova entrega a acción sitúase dous anos despois do acontecido na primeira película. Os cuñados vense envoltos nun novo e máis criminal enredo, esta vez co Entroido Ourensán como telón de fondo.

Entre o elenco de actores principais volverán estar o carnotán Miguel de Lira e o mazaricán Federico Pérez Rey, acompañando ao xa fillo adoptivo da comarca Xosé A. Touriñán. Ademais, estarán tamén nomes coñecidos como David Perdomo, Mela Casal, María Vázquez, Eva Fernández ou Iolada Muíños.

Cartel +Cunaos filme

Novas relacionadas

Comentarios