Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Miguel de Lira e Fede Pérez sumérxense na rodaxe do filme Cuñados

Touri Miguel de Lira e Fede Perez protagonizan Cuñados-Portocabo
Touri, Miguel de Lira e Fede Perez protagonizan Cuñados
Miguel de Lira e Fede Pérez sumérxense na rodaxe do filme Cuñados

Volven a gran pantalla os actores costeiros Miguel de Lira e Fede Pérez. O liracho e o mazaricán compartirán elenco con Xosé A. Touriñán, Iolanda Muíños e Eva Fernández no filme “Cuñados”, que este vindeiro 17 de agosto arrinca a rodaxe en Ourense.

Trátase dunha comedia simpática e familiar, disparatada, na que os protagonistas son “case criminais” que se embarcan nun disparatado plan que saca todas as miserias da nosa especie.

Será a primeira longametraxe do director Toño López, despois de gravar a serie “HIerro”, e tamén da produtora galega Portocabo.

A estrea do filme, que conta co apoio de RTVE, Agadic, TVG e a Deputación de Ourense, está prevista para os primeiros meses do 2021.

Comentarios