Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Movementos no taboleiro político de Mazaricos

Movementos no taboleiro político de Mazaricos
Nico Martinez do PIMAZ a candidato do PP de Mazaricos

Movementos políticos por Mazaricos. Xa levamos presentados numerosos candidatos de cara ás Eleccións Municipais 2015, i é que maio está aí. O PP, trala presentación do baiés José David Gómez Brandariz, como novo candidato en Zas, xa ten case todas as caras decididas. Unha das que quedaba pendiente era a de Mazaricos, onde o alcalde Santos Maneiro, non acababa de confirmar a súa postura.

Finalmente, o alcalde, aínda pendente da imputación pola Operación Orquesta (outros como o de Fisterra tamén o están e sen embargo se seguen presentando), decidíu dar un paso atrás, e deixar camiño ás novas xeracións. Será Nico Martínez, que se presentara ás últimas eleccións como líder do Partido Independiente de Mazaricos (Pimaz), co que conseguira dúas prazas de concelleiro.

Máis movementos

Javier Gonzalez Trillo-Presidente de Neria

E segundo os rumores, o PSOE quere dar un paso adiante, e pode que aposte por unha cara moi coñecida na zona. Franciso Javier González Trillo, presidente da Asociación de Empresarios de Mazaricos, e da Asociación Neria, podería ser o substituto

O PSdG quere recuperar folgos nun Concello onde non conseguíu ningún concelleiro nas últimas municipais.

Veremos tamén como se arma a candidatura independientde de Nós Tamén Podemos, unha das propostas veciñais abertas da zona.

Novas relacionadas

Novas electorais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios