Luns. 29.04.2024
El tiempo

O MuSical de Leilía, a súa xira de despedida, aterra en Mazaricos

MuSical Mazaricos
O MuSical de Leilía, a súa xira de despedida, aterra en Mazaricos

Leilía visitará Mazaricos dentro da súa xira de despedida de 2023. Será o sábado 1 de xullo como centro da celebración do MuSical, un evento de música tradicional. A actuación terá lugar a partir das 22h no recinto feiral da Picota.

Previamente, e durante a tarde, habilitaranse inchables na área para que disfruten as nenas e nenos. Será no recinto feiral, entre as 18h e as 21h, con acceso libre. Ademais, a comisión de festas de San Xoán de Mazaricos celebra en paralelo no mesmo lugar a súa tradicional churrascada. A cea terá un custo de 8 euros.

Leilía deixará a actuación este mesmo ano. O emblemático grupo, conformado por seis mulleres que dende 1989 teñen traballado por recuperar a tradición oral, despídese así neste 2023 cunha xira que pon o broche a 34 intensos anos. Están a levar por toda Galicia o seu espectáculo “Vidas cantadas”.

Comentarios