Xoves. 28.03.2024
El tiempo

MZ: A Gandeiría como forma de identidade

MZ: A Gandeiría como forma de identidade

Era unha das citas máis importantes do ano en Mazaricos. Un Concello no que o 90% da poboación depende, dun xeito directo ou indirecto, ten que ter un interese central na #SemanaGandeira. Xusto canda a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo anuncia que volve o boicot contra as distribuidoras polos reiterados incumprimentos dos acordos de Madrid, Mazaricos disfrutou a súa feira-festa levando a MZ a toda Galicia.

Campionato de Muxido na SemanaGandeira de Mazaricos-Foto-Tomas Pereiro Un sorriso así no Campionato de Muxido demostra a potencia da #SemanaGandeira de Mazaricos-Foto-Tomas Pereiro

Participaron todos os sectores sociais mazaricáns, e xentes de todas as idades demostraron que a gandeiría é parte da identidade da terra do Xallas. Ademais da participación do Concello, a colaboración das novas asociacións Gandeiros de Mazaricos e Eu son Mazaricos foron claves para o éxito da Semana. Houbo música, houbo subasta, houbo exposicións, xornadas técnicas, concursos… completando así o ciclo do mundo do agro.

Parte da xente da brava asociacion Eu Son Mazaricos Parte da xente da brava asociacion Eu Son Mazaricos

Xornadas Técnicas: de unión, consumo e eficiencia

A unión foi unha das temáticas máis manidas das Xornadas Técnicas celebradas o sábado na Casa da Cultura da Picota. E non podía ser doutro despois da revolución gandeira destes pasados meses. Teñen claro que a unión é clave para manter os postos de traballo, e o modo de vida, aínda que as administracións e a industria distribuidora siga poñendo trabas no camiño.

Precisamente, esa revolución si que influiu noutro dos puntos claves do sector: o consumo responsable. Falouse do positivo que é o leite a todas as idades, e deuse conta de como, gracias á presión mediática, os consumidores galegos xa lle miramos un pouco máis a etiqueta ao leite.

Pero tamén se puxo o foco de atención na mellora na eficiencia nas granxas é clave para asegurar o futuro do sector. Baixar os costes de produción é todo un desafío, dende os gastos en alimentación, para o que propoñen forraxes de autoprodución, ata as melloras tecnolóxicas.

Poden botar un ollo ás conclusións que fixeron os compañeiros de Campo Galego sobre as Xornadas Técnicas.

De Poxa e troula

Cheo o pavillon para a Poxa de Xovencas da Semana Gandeira de Mazaricos Cheo o pavillón para a Poxa de Xovencas de raza frisoa da Semana Gandeira de Mazaricos

Sempre é a poxa de novillas frisoas a gran parada desta Semana Gandeira. O sábado pola tarde, o pavillón estaba cheo para recibir eses fermosos exemplares. Non foi a mellor venda da década pois só se venderon 11 das 18 vacas participantes, e os prezos foron baixos (un prezo medio de 2.177 euros), pero as que desfilaron deron conta da boa calidade da frisona mazaricá. O prezo máis alto foi para Saamil Navy Vane, vendida por 2.500 euros, procedente de Gandería Saamil, de Toques (A Coruña), unha xovenca de pai Observer Navy e con nai Xacobeo Heidi.

Pola tarde tocoulles aos mozos da asociación Eu Son Mazaricos manter as actividades de ocio. Aló prepararon o campionato de Muxido á Mazarica, entregaron os premios do Concurso de Fotografía, e conseguiron traer o concerto de De Vacas ás terras do gando.

Un orgullo levar esa MZ no peito e ensinala por toda Galicia, como destacou o alcalde Juan José Blanco na clausura.

De Vacas na Semana Gandeira de Mazaricos-Foto-Tomas Pereira De Vacas na Semana Gandeira de Mazaricos-Foto-Tomas Pereira A Mazarica na Semana Gandeira de MZ-Foto-Tomas Pereira A Mazarica na Semana Gandeira de MZ-Foto-Tomas Pereira Novas relacionadas   Fonte

Comentarios