Novas melloras do Camiño en Mazaricos, Negreira e Ames


En 2013, foron máis de 20.000 persoas as que fixeron a Prolongación do Camiño a Fisterra-Muxía. E mesmo foron 454 as que fixeron o Camiño do revés, dende Fisterra ou Muxía ata Santiago, un 8,8% máis que o ano anterior. Cifras que van en aumento e que fan que a Xunta se preocupe polo estado do Camiño, potenciándoo como importante recurso turístico.
Así, os concellos de Mazaricos, Negreira e Ames, polos que pasa o Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía, xa teñen traballo. A Xunta vén de trasladarlle o seu proxecto de acondicionamento aos 3 concellos, para mellorar a totalidade da Ruta, deteriorada nalgúns puntos polas fortes choivas. Así, a Xunta solicita aos concellos da licencia municipal pertinente para poder executar a actuación.
No municipio de Mazaricos, as obras consistirán na reposición dos adoquíns dalgunhas cunetas e na realización de pasos de auga novos onde sexa preciso. En todo caso, respectaranse sempre o ancho do camiño así como os valos tradicionais. Tamén se procederá á limpeza das zonas transitables e das súas marxes e reporase a capa de rodadura e eliminaranse as fochancas nos treitos máis danados. O proxecto delimita tres tramos de intervención neste concello, comprendidos entre os puntos quilométricos 41,566 e 49,250.
Obras en Ames e Negreira
Mentres, en Ames e Negreira, as obras consistirán na reposición dos adoquíns dalgunhas cunetas e na realización de pasos de auga novos onde sexa preciso. Tamén se procederá á limpeza das zonas transitables e das súas marxes e reporase a capa de rodadura e eliminaranse as fochancas nos treitos máis danados. O proxecto delimita dous tramos de intervención no Concello de Santiago e un no de Ames.
Novas relacionadas
- Madrid-Muros-Fisterra cun billete único entre Renfe e Monbús.
- Unha viaxe política para vender o valor turístico do Camiño a Fisterra e Muxía.
- O Camiño de Fisterra-Muxía podería ser o primeiro en apostar pola calidade.
Fonte
- Xunta.