Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Muros-Noia lembra o esquecemento do Cine París e dun plan leiteiro para Mazaricos

O BNG de Muros-Noia lembra o esquecemento do Cine París e dun plan leiteiro para Mazaricos

Xa o fixo o BNG da Costa da Morte, así como PSOE bergantiñán. Desta volta é o BNG de Muros-Noia o que vén de presentar unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta. Uns orzamentos que califica de “enganosos, que non contan con partidas específicas para a meirande parte das concellos que forman a comarca, a excepción de Noia, que conta con dúas exigüas partidas”.

O BNG fai fincapé na falta dun plan de marisqueo, que pode atinxir a 1500 postos de traballo directos entre os concellos de Outes, Noia, Porto do Son e Muros. “Non podemos aceptar unha simple partida xenérica para a mellora das zonas de producción que se ten que repartir entre todas as Confrarías e que non conta nin de lonxe cos fondos precisos”.

Fachada do Cine París de Muros Fachada do Cine París de Muros

Dende o BNG de Muros tráese a colación unha vella demanda que se leva facendo dende a formación frontista na localidade, como é a da rehabilitación do cine París, que ten un plan aberto dende 2011 do que nada se sabe. Piden abordar a restauración e rehabilitación desde emblemático edificio, de titularidade municipal, debido ademais a carencia dun auditorio coa capacidade que demandas os diversos actos culturais que se desenvolven no concello de Muros durante todo o ano.

Por outra banda, tendo en conta a concellos como os de Mazaricos, Lousame e Porto do Son, dende o BNG denuncian que “a Consellería de Medio Rural non conta cun plan serio que garanta o futuro dos sectores leiteiro e forestal, a importancia do valor engadido dos produtos derivados do leite galego e a valorización da nosa foresta, o que se evidencia na perda de marxe de beneficio para os gandeiros galegos e os recentes incendios sufridos na comarca que non fan máis que evidenciar o desinterese da Xunta por estes dous sectores tan importantes na comarca”.

Novas relacionadas

Comentarios