Sábado. 04.12.2021
El tiempo

O concello de Mazaricos tramita as axudas á liquidez de 56 explotacións gandeiras

O concello de Mazaricos tramita as axudas á liquidez de 56 explotacións gandeiras
As axudas a percibir oscilan entre os 85 e os 7.700 euros As axudas oscilan entre os 85 e os 7.700 euros Despois da crise que sufriu este verán o sector lácteo boa falta lles fai cobrar o antes posible as axudas á liquidez prometidas o ministerio de Agricultura. Así, o venres pasado remataba o prazo para tramitar ditas subvencións ás que teñen dereito todos aqueles produtores e produtoras que nos meses de abril, maio, xuño e xullo cobraron o litro de leite por debaixo dos 28,50 céntimos de euro, sen incluír o IVE. Son moitas as explotacións gandeiras da bisbarra que optan a estas axudas e unha boa parte destas concéntranse no concello de Mazaricos onde se lle realizaron os trámites a un total de 56 explotacións por un valor total de 147.031 euros. Segundo indica o ministerio de Agricultura, as axudas que se poden percibir van dos 85 aos 7.700 euros para unhas 7.000 ganderías de todo o territorio nacional. O orzamento total que se repartirá é de 20 millóns de euros.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios