O microrrelatos dos máis pequenos, as fotos e o curso de cociña quentan motores no comezo da #SemanaGandeira

06:20 02/12/17
https://www.facebook.com/asociacioneusonmazaricos/videos/1688008067929413/
Os nenos e nenas de 4o de primaria tamén quixeron participar no concurso de microrrelados da Semana Gandeira. Entregaron varias pezas nas que denotan unha forte consciencia e orgullo do medio no que viven. As persoas que integran o xurado xa teñen decidida a peza gañadora deste primeiro concurso de microrrelato, que debía constar de 100 palabras e empezar por “Cando viu as vacas de Mazaricos...”
Por outra banda, o xurado do concurso de fotografía organizado por Eu Son Mazari- cos xa ten as fotos finalistas. Poden verse nun vídeo no facebook da asociación. Esta edición destacou tanto pola cantidade de fotos presentadas como pola súa calidade. Por outra banda, o album do facebook acadou xa as 70.000 persoas.
Durante a tarde, o chef do asador Manduca José Manuel Carreira, gañador do con- curso de postres lácteos da pasada edición impartirá un curso de cociña de elabo- ración de sobremesas lácteas.
Na Casa da Cultura xa se pode ver a exposición de fotografia da artista Moldus, gañadora do ano pasado e outra de pezas de sancosmeiros promovida pola Asociación de San Cosme de Antes.
Máis información
- Descarga o catálogo completo da Poxa da Semana Gandeira de Mazaricos 2017.
- Programa da Semana Gandeira 2017 de Mazaricos.
- Toda a información está dispoñible en www.semanagandeirademazaricos.gal.
Novas relacionadas
- A Poxa de Gando Frisón, a Cibeles do sector gandeiro galego.
- Unha Semana Gandeira para darlle vida ao rural.
- Mazaricos armou un pioneiro curso de inseminación de vacas.
- Semana Gandeira 2016: A Semana Gandeira uniu a todo Mazaricos.
- Semana Gandeira 2015: MZ: A Gandeiría como forma de identidade.
- Semana Gandeira 2015: “Na semana gandeira de Mazaricos participamos todos”.
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- Un concurso de fotografía do máis gandeiro
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).