“O Ministerio non apurou todo o que lle pedimos os gandeiros e temos un acordo lácteo descafeinado”
15:03 23/09/15
Os Gandeiros do Xallas teñen que seguir vixiantes
Hoxe é 23 de setembro e o Ministerio asina o acordo lácteo coas industrias, as distribuidoras e os produtores. Pero dous dos sindicatos maioritarios Unión de Pequenos Agricultores (UPA), matriz de Unións Agrarias, e a Confederación de Organizaciones Agrarias (COAG), desmárcanse do acordo, polo que na mesa queda só ASAJA como representante do sector.
UA non vai asinar porque todos os acordos anteriores foron incumplidos, e queren garantir que este se leve adiante de verdade, e ademais lamentan que non se teña incluído o gran cabalo de batalla desta loita láctea, “definir unha cantidade que sexa sostible, un prezo mínimo do litro de leite para o gandeiro”, que permita acabar cos “contratos lixo” das industrias cos produtores.
“Sen prezo e sen control da produción non hai futuro para o sector leiteiro”, sinala Lídia Senra, do Sindicato Labrego Galego, que tamén coincide en que o “o acordo que se asina hoxe en Madrid non recolle as demandas do sector leiteiro galego”. Considera o acordo “un peche en falso da situación de inestabilidade na que a liberalización total do sector leiteiro, derivado do fin de sistema de cotas, ten sumido ao sector leiteiro galego”. E lembra que “cómpre a fixación de instrumentos que garantan un prezo remunerador e establezan o regulamento da produción”.
”A Administración, o Ministerio pero tamén a Xunta, non puxeron toda a forza que lle pedimos, e por iso temos un acordo lácteo descafeina”, valora Anxo Escariz, da Organización de Produtores de Leite, unha das patas da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo. “Por iso estamos á espectativa, pendentes do que fagan porque non incluiron todo o que nós pedimos”.
De feito, mentres asinan este “acordo”, hai compromiso de “facer un novo contrato e un Decreto de garantías, que se supón que van comezar a facer a partir de hoxe”, coméntanos. “Pero hai certas cousas que nos obrigan a manternos vixiantes, porque o Ministerio que somente fagan o decreto as partes que asinaron o acordo, co cal só ASAJA nos representaría. Estamos negociando que sexa unha Comisión o que faga o Decreto, e iso podería melloralo. En teoría, debería estar listo a finais deste mes”.
Que datas
Semella que o Decreto de Garantías estará rematado a finais de mes, se ben o acordo entra en vigor o 3 de outubro, pero iso non quere dicir que se actualicen todos os contratos que están en vigor. “O Ministerio asegura que hai compromiso de que a Industrai vai ilos adaptando, pero iso non implica unha actualización directa”, explícanos Escariz. ”Nun horizonte de decembro, suponse que o 99% da industria terá os contratos actualizados. Será un proceso de ir adaptando, pero seguro que haberá pequenos compradores que seguirán tocando as narices”.Os Gandeiros de Mazaricos, indignados
Así están os Gandeiros de Mazaricos que demostran o seu descontento co acordo e aseguran esta:
- INDIGNADOS por un acordo lácteo tan descafeinado que non se acerca para nada as espectativas dos produtores.
- DECEPCIONADOS porque no acordo só se menciona o prezo sostible para deixalo nas mans da industria e a distribución (o INLAC queda como ata agora, sen ninguna capacidade de control sobre o prezo).
- ESTAFADOS por unos gobernos que din que están para axudar os produtores e só axudan ás grandes empresas.
- ENGAÑADOS, porque despois de 10 días de mobilizacións, manifestacións, de tirar o NOSO LEITE para facer ver o mal estado do sector lácteo, todo queda en un mero compromiso de boas intencións da industria e a distribución.
”Vixiantes”
”Dende a Plataforma pola Defensa do Séctor Lácteo, que se reunirá o venres, imos avisar a todos os gandeiros de que temos que estar vixiantes, e dándolle un toque ás partes que non se adapten. Se un traballa de extraperlo, coma un furtivo, teremos que explicarllo á sociedade”, di con claridade Anxo, en alusión a certas distribuidoras e industrias que levan tempos abusando dos produtores.
Ademais, van crear unha comisión de seguemento para ter información de forma directa dende o Ministerio.
Este é o acordo lácteo
Novas relacionadas
- 17-09-15: Rematou o bloqueo ás industrias lácteas.
- 15-09-15: Os tractores colapsan as rúas do polígono industrial de Sigüeiro.
- 14-09-15: Os Gandeiros manteñen as mobilizacións bloqueando a industria e a distribución e regalando leite
- 11-09-15: Os Gandeiros seguen na loita e deciden bloquear as industrias do país cos seus tractores.
- 10-09-15: 15.000 persoas saen á rúa polo sector lácteo mentres o Ministerio apraza o acordo.
- Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?.
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])