Martes. 22.10.2019
El tiempo

O xantar dos maiores e o Pasabares`18 encherán de festa Mazaricos

O xantar dos maiores e o Pasabares`18 encherán de festa Mazaricos
Mazaricos xa está preparado para desfrutar a próxima fin de semana de dúas citas ben sinaladas no calendario dos veciños e veciñas. Por unha parte, o sábado, o polideportivo da Picota acolle a tradicional Festa das Persoas Maiores á que xa está confirmada a asistencia dunhas 800 persoas. Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro esta cita pretende ser unha “homenaxe a todos os anos de esforzo dos nosos maiores”. O xantar estará amenizado por orquestra e gaiteiros e será un bo punto de encontro para moitos dos veciños e veciñas. Tamén o sábado, será unha nova edición do Pasabares'18. Despois do éxito do ano pasado, ás cinco da tarde os grupos comezarán a tocar polos bares. Nesta edición os establecementos serán Parrillada California, Pizzería Vinculeiro, Restaurante Casa Jurjo, Restaurante Efe Eme, Café Bar Alborada, Restaurante Verxel, Asador Manduca e Café-Bar Pallote. Os grupos participantes son Petaforte, Os Campantes, Tremuzo, Os Candaira, Siador, Jaitas Blue, Ghasafellos, Os Cabaços... E pola noite haberá concertos no Recinto Feiral a partir das 11 da noite con A Bouba, O Ghusto do Boi e Fiadeiro Orquestra. A actividade está organizada pola asociación de Amas de Casa en colaboración co concello e Ribeiroa. Novas relacionadas Fonte

Comentarios