Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Paxareiras acolle unha multitudinaria andaina comarcal contra a invasión de eólicos

Vistas dos míticos eólicos da Paxareiras
Paxareiras acolle unha multitudinaria andaina comarcal contra a invasión de eólicos

Tralo primeiro Encontro Intermunicipal sobre os eólicos celebrado o pasado sábado en Santa Comba, con presencia de asociacións de 5 comarcas e de alcaldes de 12 concellos, semella que o movemento social para darlle luz ás zonas de sombra que provocan os viraventos continúa medrando.

Encontro eolicos multiusos santa comba
Algúns participantes no encontro intermunicipal de Santa Comba

Este sábado 2 de outubro, varias Plataformas Veciñais escolles o lugar das Paxareiras, entre Carnota e Mazaricos, un espazo que xa leva moitos anos invadido polos aerexeneradores, para realizar unha nova andaina/manifestación para protestar contra a invasión de eólicos na Costa da Morte e sur da provincia da Coruña.

A ruta partirá do lugar das Paxareiras ás 16:00h, e prevese que sexa unha mobilización de carácter masivo (a Garda Civil agarda un mínimo de 400 persoas e xa prepara un amplo dispositivo).
Dende a ADECOM esperan que” sente un punto de inflexión na resposta veciñal da sociedade contra estes proxectos que expolian o territorio e degradan o noso medio cunha perspectiva exclusivamente neocolonial”.

Así presentan a mobilización polas redes:

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS

Comentarios