Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O CEIP do Pino do Val, ao fío de desaparecer

Noa Díaz Javier González CEIP Mazaricos copia
Noa Díaz e Javier González no cole do Pino do Val
O CEIP do Pino do Val, ao fío de desaparecer

Anunciaba hai pouco a Xunta que a decisión de pechar o CEIP do Pino do Val de cara ao vindeiro curso. Un novo recorte en materia de educación, que provocará que os 23 alumnos e alumnas do centro se despracen ao CEIP da Picota.

Así o denunciaba hoxe o PSOE. O voceiro local Javier González Trillo visitaba o cole acompañado da parlamentaria Noa Díaz, para anunciar que levarán unha proposta ao Parlamento de Galicia pedindo á Consellería de Educación que manteña aberto o CEIP Pino de Val coas tres unidades intactas a lo menos no próximo curso.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que “demore a lo menos un curso máis a súa decisión” de trasladar aos 23 alumnos e alumnas ao centro de A Picota ou deixar unha soa unidade de Primaria e outra de Infantil.

Novas relacionadas

Comentarios