Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Persoas con mobilidade reducida poderán ir pescar ao coto Xallas-Beba

Persoas con mobilidade reducida poderán ir pescar ao coto Xallas-Beba

Hai xusto un ano a Xunta anunciaba a creación de dúas plataformas de pesca en Colúns, que servirán para permitir a práctica da actividade deportiva a persoas con mobilidade reducida. Onte adxudicaba a obra á empresa ública Tragsa, polo que se espera que estea lista en mes e medio.

As obras, que contan cun orzamento de 100.000€, mellorarán a accesibilidade do coto Xallas-Beba, nas parroquias de Colúns e Corzón, no concello de Mazaricos. Para iso, ademais das plataformas situadas en Colúns, acondicionará 4 pasos de pescadores.

Substituiranse os pasos existentes por outros novos de madeira de piñeiro na marxe esquerda do río Xallas. Toda a madeira estará tratada e protexida da luz solar e as varandas tamén serán de piñeiro e estarán elevadas un metro sobre a tarima do paso peonil. O pavimento dos pasos será tratado con resina sobre a que se engadirá area de cuarzo.

Unha vez rematadas as obras, será o concello o que se ocupe do mantemento.

Novas relacionadas

Comentarios