Venres. 29.03.2024
El tiempo

Protección Civil de Mazaricos salva un miñato mancado

Protección Civil de Mazaricos salva un miñato mancado
Minato salvado por Proteccion Civil de Mazaricos Benito Reboredo, de Protección Civil de Mazaricos, co miñato mancado

Arredor das 17:00h da tarde do pasado domingo un veciño da parroquia de Albores, en Mazaricos, avisaba ao 112 da presencia dun miñato mancado que non podía voar. Aló foron os salvadores de Protección Civil mazaricán a ver situación, que desconfiaban que puidese ser un atropelo pois pola mañá houbera unha saída de vía na zona.

O miñato estaba pola carballeira onde fora avistado, e “só podía facer voos de 15 metros, pero de mala maneira”, como nos conta Benito Reboredo. Alí o puideron coller con tranquilidade e aplicarlle o protocolo, de metelo nunha caixa de cartón con buratos e pouca luz.

Así, o luns a primeira hora da mañá, Axentes de medioambiente levaron o miñato para o Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros, onde esperan que se recupere para devolvelo ao seu hábitat natural.

Novas relacionadas

Fonte

  • Protección Civil de Mazaricos.

Comentarios