Que podemos facer como consumidores para axudar ao sector leiteiro?

13:55 09/09/15

Pero que podemos facer nós como consumidores?
De feito, a xornada de onte de mobilizacións arredor do Centro Comercial As Cancelas ía enfocada a explicarlle aos veciños a súa importancia en todo isto. Para iso repartiron milleiros de litros de leite de balde, e explicaron que mercar o leite por debaixo de 0,65€/litro supón poñerse do lado dos que queren acabar co sector.


A guerra de prezos. Que é o “dumping”
Anxo Escariz, da Organización de Productores de Leite, un dos focos da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego, despois de participar nos bloqueos a empresas como Lactalis, Día ou Carrefour (as firmas que faltan por asinar para levar adiante o acordo deste xoves en Madrid), explican como se fai a guerra de prezos. Indican que “son as firmas de distribución estranxeiras, nomeadamente as francesas, as que están utilizando o leite galego como dumping na súa pelexa por buscar clientes con outros distribuidores. Están utilizando o prezo do leite tirado polo chan para enganchar ao cliente e a este último séguelle saíndo caro o carro da compra porque repercute na marxe de beneficio dos outros produtos”. Aí temos que estar nós, coa nosa conciencia por diante do noso peto, para pensar que por cada vez que aforramos uns céntimos, unha explotación galega ten que pechar. Cómpre mirar o prezo, e mirar que o leite sexa galego, esquecendo, mentres siga ca mesma política, a empresa Leite Río, unha das que peor trata ao sector gandeiro de Europa, a pesar de ser galega.Que marcas?
Así as cousas, segundo nos contan os compañeiros de , as marcas que cumpren os tres criterios citados (prezo superior a 0,61 euros; orixe galego certificado coa marca “Galega 100%” e non ser dun grupo, como leite Río, enfrontado aos gandeiros -Río chegou a deixar de recoller o produto a varias granxas no inicio da crisis-) son, en orde de preferencia segundo a OCU: Feiraco (o leite UHT de Feiraco, Feiraco Unicla e Feiraco Hostelaría) e Larsa (o leite UHT e os iogures).A gran mobilización do xoves 10

Novas relacionadas
- 08-09-15: 4000 tractores colapsan Santiago.
- 07-09-15: #AVaquiñapoloquevale: Mazaricos lidera as mobilizacións por un prezo mínimo do leite.
- Máis de 5.000 tractores invadirán Santiago durante tres días.
- Os gandeiros saen a rúa en Santa Comba
- A Xunta critica as mobilizacións anunciadas polo sector lácteo
- “A asociación de gandeiros de Mazaricos nace pola necesidade de unión que ten este sector”
- Mazaricos crea a súa Asociación de Gandeiros
- 9 alcaldes da zona reúnense en Santa Comba para amosar o seu apoio unánime ó sector lácteo.
- Juan José Blanco: “O 90% de Mazaricos depende do sector gandeiro”.
- Ucha Velo: “Hai que ter claro que os veciños son sempre os teus xefes”.
- 06-07-15: 15.000 litros de leite ao chan contra o secuestro das industrias lácteas.
- 17-06-15: Os novos alcaldes de Mazaricos e Santa Comba moven ficha polo sector gandeiro.
- 28-04-15: 11 alcaldes da Costa da Morte asinan manifesto de apoio aos produtores de leite.
- Os gandeiros piden sancionar a quen venda leite por debaixo do prezo de mercado.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)