Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un “Rasca e gaña” para promover o comercio local durante as festas de Mazaricos

Rasca e Gaña Nadal Mazaricos 2023
Un “Rasca e gaña” para promover o comercio local durante as festas de Mazaricos

O Concello de Mazaricos, en colaboración cos comercios da localidade, lanza durante estas festas de Nadal e Reis unha campaña de promoción e incentivo do comercio local. Consistirá no reparto, entre os clientes dos distintos establecementos, de boletos tipo “rasca e gaña”. Os premios consistirán en vales de compra, por valor de 10 euros, nos establecementos adheridos á promoción, que colaboran achegando estes premios. Tamén haberá catro premios de vales de 50€ achegados polo Concello. Os clientes recibirán os boletos coa súa compra.

Os establecementos que participan nesta promoción son Calzados Peteyra, Óptica Mazaricos, Peluquería Corto e Cambio, Casa Senra, Casa Daniel, Picotiños, Katallana, Mareas Vivas, Mazdeporte, Mobles Tanexo, Rosa Moledo, Peluquería Princess Deluxe, O Peto, Mobles Pinares, Almacenes Casais, Panadería Jurjo, Ferretería Muíño, Peluquería Suárez, Panadería Arturo, Panadería Maroñas e Lavaroupa. Estes locais contan cun cartel no escaparate que os identifica como participantes nesta campaña.

Comentarios