Venres. 04.10.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza de Noveira

Recunchos da Costa-A Fervenza de Arcos nun dia de enchenta-Foto-Placido Trillo 1
A Fervenza de Arcos nun día de enchenta-Foto-Plácido Trillo
Recunchos da Costa: A Fervenza de Noveira

Estes días, as chuvias deixaron estampas fermosas da fervenza do Ézaro. Pero outras cascadas da zona tamén viviron estampas especiais. Ë o caso da Ferveza de Nouveira, ou de Arcos (Mazaricos), pois é o río Arcos (afluínte do Xallas) o que a enche de maxia.

O lugar é absolutamente paradisíaco, cunhas caídas ben impoñentes, saltos de ata 10 metros e cunhas pozas e “jacuzzis” naturais que invitan, durante o verán, a sumerxirse nas súas frías augas. Durante o inverno, mellor parar e observar como flúen as rápidas augas cara o Atlántico.

A Fervenza de Arcos nun dia de enchenta-Foto-Placido Trillo
Foto de inverno de Plácido Trillo
Dúas estampas estivais das fermosas fervenzas

Como chegar

Compre subir ata o mirador da fervenza do Észaro. Dende o cumio seguimos tirando cara o encoro de Santa Uxía, que atravesaremos logo de coller un desvio cara a dereita que baixa ao mesmo encoro. Atravesámolo e subindo deixamos o Monte Pindo a man dereita. Atravesamos o lugar deo Fieiro e logo collemos nun momento que a vía se bifurca cara abaixo esquerda (pola dereita vas dar a Reboredo). Baixas e baixas e deixas Nouveira, e chegas a unha ponte onde remata o encoro e o río Arcos, afluinte do Xallas. Subes 100 metros e xa atopas a depuradora a man dereita. Aparcas e a disfrutar da natureza.

Tamén podes pinchar na ligazón para seguir as indicacións do Googlemaps:

 

Recunchos da Costa

Comentarios