Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rescatan un barranquista que rompera unha perna nos ríos de Mazaricos

Rescate no rio Mazaricos 2
Rescatan un barranquista que rompera unha perna nos ríos de Mazaricos

Rescate complicado o que tiveron que realizar as forzas de seguridade este mediodía de mércores 13 de xullo. Unha chamada ás 13:00h alertaba de que unha persoa sufría unha caída mentres facía barranquismo polo río que une Mazaricos coa Serra de Outes, unha zona rica en fervenzas.

Ao lugar desprazábanse os Bombeiros de Santa Comba, os Bombeiros Boiro, Grupo de Emerxencias de Muros, Helicóptero medicalizado H-3, Helicóptero Salvamento Marítimo, Garda Civil, e Protección Civil de Mazaricos.

Rescate no rio Mazaricos

A vítima tiña unha perna fracturada e non era capaz de abandoar o barranco por sí mesmo nin coa axuda dos seus compañeiros.

Tardaron as forzas en chegar ao lugar e poder baixar ao río, e aínda á súa chegada a vítima estaba na auga. Metérono nunha padiola de rescate e porteárono un tramo arriba polo barranco ata chegar a un claro de vexetación onde se descolgou un rescatador do Helicóptero de Salvamento Marítimo para evacuar ó accidentado subindoo ó helicoptero cunha eslinga.

Comentarios