Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Residencia de Maiores do Pino do Val colle forma e estará operativa en 2024

Residencia do Pino do Val 2
O antigo cole do Pino do Val acollerá a residencia
A Residencia de Maiores do Pino do Val colle forma e estará operativa en 2024
Anunciada en febreiro pasado, o Concello de Mazaricos segue avanzando na materialización da residencia de maiores de Pino de Val, no que foi ata 2021 o CEIP Pino do Val.

A comisión de seguimento municipal ten elaborado unha memoria técnica, e xa contempla no plan de viabilidade un investimento de 2.194.000 €.

O complexo permitirá a istalación dunha residencia de maiores con 50 prazas, entre as que terán preferente as veciñas de Mazaricos, que ademais terán un prezo reducido.

As obras de adecuación do complexo durarán un ano polo que se estiman a súa posta en marcha en 2024. 

Na planta baixa do edificio habilitaranse unha zona médica, unha enfermaría con baño, unha área de illamento, unha lavandería e un comedor. Tamén se construirán dez habitacións dobres con cadanseu baño e outras dúas individuais. Na planta superior serán 18 as habitacións dobres con equipamento completo.

Local social para a veciñanza

A intervención no complexo non se limita ás obras da residencia. O Concello utilizará fondos propios para transformar a antiga casa do conserxe nun local social. Este edificio atópase separado do complexo principal e conta con 85 metros cadrados de superficie. O local quedará ao dispor e para uso exclusivo das veciñas e veciños de Pino de Val.

Unga infraestutura que ademais permitirá que o espazo fomente a conexión interxeracional.

Novas relacionadas

Comentarios