Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A revolución trad das Tanxugueiras serán as protagonistas da primeira edición do Festifolk de Mazaricos

Rodaxe Tanxugueiras. Figa. Pazo de Señorans.
Rocio Cibes.
05/05/21
Tanxugueiras rodando Figa no Pazo de Señorans. Foto: Rocío Cibes.
A revolución trad das Tanxugueiras serán as protagonistas da primeira edición do Festifolk de Mazaricos
Falabamos con elas hai apenas un par de semanas, e pronto as volveremos ver sobre os escenarios. Será no I Festifolk de Mazaricos, que unirá artesanía, pequeno comercio e música tradicional.

 

A banda con raíces costeiras trae a súa revolución trad da súa música tradicional, exemplificada no novo singel Figa:

Cartel Festifolk Mazaricos 2021

O festival celebrarase no recinto feiral, que se engalanará para lembrar o mundo rural tradicional, tanto na decoración como na temática. Haberá tamén unha exposición e venda de comercio local e artesanía, obradoiros e demostracións de artesanía e de música tradicional. Para os máis pequenos, haberá inchables no exterior do recinto con monitores.

Entre as persoas que compren na feira sortearase, a través dun sistema de rifas, tres cestas con produtos por un valor total de 100 euros cada unha delas. Daranse a coñecer os números no mesmo día da feira por diversos medios.

A feira contará con postos de venda, demostración e obradoiros de artesania. Para o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Jorge Sanmartín Rial, este evento é unha oportunidade para que o comercio local e os artesáns de Mazaricos e a súa contorna dean a coñecer o seu produto, nun ambiente que traerá grandes lembranzas para as persoas participantes.

Novas relacionadas

comentarios