Loitando contra o feísmo e a invasión de viraventos

Probablemente o "feísmo galego" poderá ser unha corriente arquitectónica a estudiar como foi o construtivismo ruso no seu día. De igual xeito, a enerxía eólica pasa por ser unha das renovables que abandeiran o "desenvolvemento sostible", esa expresión tan manida que xa pouco significa. Non obstante, como en todo, o exceso acaba provocando o efecto contrario.
Contra iso están a traballar dende a Fundación Juana de Vega. Un bo exemplo é a Guía da Paisaxe pensada para alumnos e mestres. Outro dos campos que veñen de abordar é a "invasión dos viraventos".
Guía para os propietarios de terreos eólicos

Dende a Fundación Juana de Vega son conscientes dos abusos que as empresas promotoras dos parques eólicos están a facer sobre os propietarios dos terreos. Partindo do "esa parcela non vale nada", os empresarios mercan terreos a moi baixo prezo, provocando arduos procesos de negociación que acaban cansando aos propietarios.
Así, dende a Fundación coruñesa veñen de crear unha guía informativa para evitar estes atropelos. E xa poden descargar directamente a Guía para os propietarios de terreos eólicos e tomar boa conta do necesario para asinar un bo acordo coa empresa de turno.
Máis información
- Fundación Juana de Vega: Guía para os propietarios de terreos eólicos.
Novas relacionadas
- 34 aeroxeradores poboarán os montes de Muxía.
- 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- Os debuxos de Sechu: O poldro eólico.
- Ollo, que veñen os das eólicas.
- Opinión de José Antonio Diéguez: Parque eólico, risco de incendio.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).