sábado. 03.01.2026
El tiempo

A tractorada de Mazaaricos, a cabalgata máis auténtica da comarca

Brinde Leiteiro en Mazaricos
Algúns dos participantes no Brinde Leiteiro en Mazaricos
A tractorada de Mazaaricos, a cabalgata máis auténtica da comarca

A Tractorada de Mazaricos é unha das cabalgatas máis singulares da comarca. O Cocello, como na Carreira do Leite (participaron este pasado 31 máis de 140 atletas de todas as idades) ou o Brinde Leiteiro (iso de brindar polo findano con leite xa é un clásico mazaricán) utiliza as xornadas festivas para sacar peito do seu potente sector lácteo. Así, a do 5 de xaneiro convírtese na Gran Tractorada de Reis de Mazaricos, converténdose nun acto máis da estratexia de visibilización do sector gandeiro local.

Os Reis Magos chegarán este ano á Picota en tractor, nun percorrido que sairá ás 17:00 horas do Recinto Feiral da Picota e que se complementará cunha festa con reparto de agasallos para todos os nenos e nenas e unha chocolatada colectiva. En caso de choiva, celebrarase unicamente a festa con entrega de regalos no interior do recinto.

Así, seguindo esa liña de reforzar a identidade local a través destas acións simbólicas, a tractorada sairá ás 17:00 desde o Recinto Feiral, percorrerá as principais rúas da Picota e regresará ao Recinto Feiral, onde haberá reparto de agasallos e chocolatada
 

tractorada

Comentarios