venres. 06.12.2024
El tiempo

Tráfico sorprende en Mazaricos a unha veciña circulando con dous menores no asiento dianteiro

Tráfico sorprende en Mazaricos a unha veciña circulando con dous menores no asiento dianteiro
A conductora circulaba polo quilómetro 3 da AC 441 no termo municipal de Mazaricos. Imaxe de arquivo A conductora circulaba polo quilómetro 3 da AC 441 no termo municipal de Mazaricos. Imaxe de arquivo Axentes da Garda Civil de Tráfico de Corcubión sorprenderon o pasado venres a unha conductora que trasladaba a dous dos seus netos, procedentes dun centro escolar da zona, sin facer uso do sistema de retención infantil y "dunha forma especialmente perigosa para a seguridade dos menores" segundo indica a DXT nun comunicado de prensa. Os feitos tiveron lugar no quilómetro 3 da estrada AC-441, no termo municipal de Mazaricos. "Deuse a circunstancia pouco usual de que a conductora trasladaba a dous menores de curta idade sentados no asiento dianteiro sen ningún sistema de retención infantil nin cinto de seguridade, sendo o maior o que suxeitaba ao outro sobre as súas pernas" indican dende Tráfico. Por sorte, os axentes detectárona a pouca distancia do centro escolar e puidose así evitar unha posible traxedia en caso de accidente xa no 2015 faleceron 20 menores en accidentes de tráfico en todo o territorio nacional. Normativa A raíz desta infracción, Tráfico recorda que todos os conductores e pasaxeiros deben empregar en todo momento os cintos de seguridade correctamente abrocchados, tanto en vías urbanas como interurbanas. Os menores de idade cunha talla inferior a 1,35 metros deben empregar sistemas de retención infantil homologados e adaptados á súa talla e peso. Unha vez que o menor acade dita altura pode usar o cinto de seguridade dos adultos. O sistema de retención infantil xunto co cinto de seguridade son elemetos básicos e fundamentais de seguridade que reducen o risco de morte e lesións en caso de accidente. Cuantía da multa Segundo indica a DXT, non facer uso do sistema de retención infantil conleva unha sanción de 200€, recaendo a responsabilidade da mesma no conductor ao tratarse de menores de idade. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios