Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Triple cita cos maratóns na Costa en Mazaricos, Baño e Esteiro

Triple cita cos maratóns na Costa en Mazaricos, Baño e Esteiro

Chega o verán e chegan os maratóns. Ademais do Campionato de F7 de Carnota, outras vilas da zona terán cita deportiva. Como na Picota, onde esta fin de semana os equipos da zona buscarán a súa participación no VI Torneo Internacional AFAC. De feito, había conflito cas Ligas Escolares de F7 pero finalmente estas pasáronse para o venres.

Ademais, polo sur o Volantes de Baño organiza o seu primeiro maratón de fútbol sala. E tamén por Muros, pero en Esteiro celébrase o XXXIV Campionato de Barrios de Esteiro.

VI Torneo Internacional AFAC en Mazaricos

A Asociación de Fútbol Aficionado de A Coruña organiza a previa do VI Torneo Internacional AFAC para as categorías alevín, benxamín e prebenxamín. E este ano toca na Picota os días sábado 28 e domingo 29 de maio.

Así, o campión da categoría “Alevín” e os dous finalistas das categorías “Benxamín” e “Prebenxamín” clasifícanse para disputar o “VI Torneo Internacional AFAC” que terá lugar na Coruña (Cidade Deportiva da Torre) a fin de semán do 18 e 19 de xuño de 2011.

XXXIV Campionato de Barrios de Esteiro

Dende esta fin de semana do 28 de maio e ata o 15 de agosto, Esteiro vivirá o seu campionato de barrios. 7 equipos participarán como son os Abelleira, Canchester, Carallo Santo, Ciclóns, Independiente, Praias de Reimundes e Tal.

Maratón dos Volantes de Baño

Xa vimos que o Volantes de Baño nace como novo equipo na 3ª da Costa. E para ir collendo folgos e fondos, organizan o primer Maratón de Fútbol Sala que se celebrará no Polideportivo de Miraflores os días 22, 23 e 24 de xullo.

Estará formado por un mínimo de 16 e un máximo de 32 equipos, poden ser mixtos, 50 euros por equipo, para inscribirse por favor poñedevos en contacto a través do email: [email protected] ou nos teléfonos 630 258 948 / 606 052 337 (data limite 20 de Xullo).

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios