Un Belén de Eucalipto para Mazaricos


Non sabemos cantos eucaliptos pereceron, pero parece que en Mazaricos tomaron moi en serio a campaña #Arrincauneucalipto. Dende onte, un Belén xigante, feito de eucalipto, preside a entrada do Concello de Mazaricos, gracias á colaboración das asociacións Eu Son Mazaricos, as Amas de Casa e as nenas e nenos MZ no marco do concurso de fachadas e escaparatismo. Contaron ademais coa axuda de Jorge Sanmartín, que se encargou das tallas.
Mentres continúa o programa de Nadal e a campaña de recollida de xoguetes, coas singulares citas da a Carreira de San Silvestre e o Brinde Leiteiro para celebrar o fin de ano como grandes reclamos.
Pero outra das accións máis destacadas será a Cabalgata reivindicativa, unha cabalgata única e diferente. A cabalgata é un complemento ao brinde leiteiro que terá lugar o día 31 tras a Carreira do Leite, pois ambos pretenden amosar a #EsenciaMZ e reivindicar o orgullo de ser un concello gandeiro e rural.

Nadal 17
- Cine, Cabalgat
- A Carreira e o Brinde Leiteiro, o fin de ano máis auténtico de Mazaricos.
- #Arrincauneucalipto: Os eucaliptos si valen para os adornos de Nadal.
- Álex López: Monólogo do Apalpador.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).