Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Unha baixada de soldo para comezar o mandato en Mazaricos

Unha baixada de soldo para comezar o mandato en Mazaricos
Pleno en Mazaricos coa nova corporacion

Tivo lugar onte un pleno en Mazaricos, o primeiro coa nova corporación. E se tomaron varias medidas, entre as que destaca a baixada de soldo do novo alcalde, Juan José Blanco, do BNG, que recude o soldo que cobraba o ex rexidor, o popular Santos Maneiro, en 15.000€, pasando de cobrar a única dedicación exclusiva municipal dos 45.000 aos 30.000€. Unha baixada ben considerable, á que hai que sumarlle a eliminación da dedicación do posto de teniente alcalde, o que supón outro aforro de 25.000€. Agora os novos teniente alcaldes José Luis Cives Ferradas, Esteban Pereiro Esperante e Juan Manuel García Castro non terán retribución.

Novo horario

Unha das promesas da campaña do BNG era abrir as portas do concello e unha das primeiras medidades que toma é cambiar os horarios dos plenos. A partir de agora serán o 2º venres de cada mes nos meses impares, ás 20:00h da tarde, unha hora pensada para encher os plenos de veciños, fomentando así a participación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios