Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vidal Romaní amosa a singularidade do glaciar a Ruña aos cativos da Picota

Vidal Romani na Runa coa cativada do CPI A Picota
Vidal Romani na Runa coa cativada do CPI A Picota
Vidal Romaní amosa a singularidade do glaciar a Ruña aos cativos da Picota

Especial a visita que viviron esta semana a cativada do CPI A Picota de Mazaricos. Da man da Platacorma a Ruña é Nosa, o xeólogo Vidal Romaní guiu á rapazada de 3º e 4º de Primaria do centro mazaricán polo simbólico monte.

”Cando falamos de glaciar sempre pensamos nos de xeo, pero estes rocosos, que se forman por fenómenos relacionados con procesos de xeo/desxeo, tamén son importantes. E neste caso o da Ruña é tremendamente singular porque é o único que hai na zona do litoral e cunha altura relativamente baixa, duns 600 metros. En Galicia hai outros glaciares rochosos no Xurés, Pena Trevinca… pero xa nos movemos a case 2.000 metros de altura”, explica Romaní, que lembra que este pode ter, polo menos 20.000 anos de antigüidade.

”Sorprendeume a preparación e motivación que amosaron estes rapaces de 8-9 anos, de verdade que escoitei cousas que non escoitei en alumnado universitario”, sinalou o profesor universitario.

Sobre o proxecto da estación de bombeo proxectada na zona, Romaní é rotundo: “xa temos un río absolutamente secuestrado para facer outro disparate”.

Vidal Romani na Runa coa cativada do CPI A Picota 2

Comentarios