Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Esteiro prepárase para recibir 20.000 visitantes no 31º Gran Prix das Carrilanas

Esteiro prepárase para recibir 20.000 visitantes no 31º Gran Prix das Carrilanas
Presentacion da Baixada de Carrilanas de Esteiro 2018 Presentacion da Baixada de Carrilanas de Esteiro 2018 Carrilanas Esteiro 2018 En marcha xa o XXXI Gran Premio de Carrilanas de Esteiro 2018, que pasa por ser unha das 10 Festas de Interese Turístico Galego, e da que esperan que poida ser declarada, con esforzo, de Interese Turístico Nacional. Unha festa que nacía como unha brincadeira entre amigos en Muros, xa hai máis de 30 anos e nas derradeiras edicións máis de 20.000 persoas gozaron desta festa. Todos os presentes destacaron que é unha festa dun pobo enteiro, e que xa forma parte da identidade da zona. Tradición, cultura, música, artesanía... O pasado venres tiña lugar a presentación en Santiago coa presencia do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartin; a alcaldesa de Muros, María Xosé Alonso; a alcaldesa en funcións do concello de Santiago de Compostela, María Rozas; e representante de Herdeiros da Cruz, Patricia Hermida, e o presidente de ADC Esteirana de Carrilanas, David Fernández. Foi o propio David o que destacou o potencial turístico da festa, e as novidades deste ano, que sobre todo son o mercado de artesanía, e un espazo infantil para a xente nova, cunha categoría para nenos. Sinalou que a festa comeza o sábado 14 de xullo coa exposición de carrilanas artesanais e a pole position, e o peche de festa co Festival de música. E o domingo, o día da gran Baixada.  

O concerto

Festas das Carrilanas de Esteiro 2018 A festa quere ter tamén o seu momento musical, e volve preparar un gran concerto, cun fantástico cartel. Os cabeza de cartel son os Heredeiros da Crus, que esta fin de semana romperon Camariñas. Ao seu lado estarán Ruxe Ruxe, Brincadeira Troupe e os muradáns Maestro. O domingo sesión vermú con De Vacas. Aquí tendes o vídeo da presentación: https://www.facebook.com/carrilanasesteiro/videos/1101459133336009/?t=0

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios