Os hostaleiros de Muros coñecen os tesouros da vila para poder traslarllos aos visitantes

Ninguén mellor que un hostaleiro, que é o que realmente está máis en contacto co visitante para vender a potencia turística dunha vila. E para formar e darlle argumentos turísticos a este sector tan importante, o Concello de Muros realizou unha visita guiada polo casco histórico destinada ao sector.
Foron 40 persoas da hostalería as que se apuntaron a esa ruta que serviu para repasar algúns dos datos históricos e culturais máis importantes do casco histórico de Muros, unha información que posteriormente poden trasladar aos seus clientes.
“Agradecemos a receptividade do sector ante esta e outras iniciativas, apoiando a aposta do goberno local por un modelo de turismo sostible”, engade a alcaldesa.
A colaboración entre o concello e a hostalería de Muros continuará nos próximos meses con diferentes iniciativas e actividades.