Xoves. 28.03.2024
El tiempo

17 voluntarios de ADEGA eliminaron as chumbeiras e outras invasoras da praia e da Lagoa de Louro

17 voluntarios de ADEGA eliminaron as chumbeiras e outras invasoras da praia e da Lagoa de Louro
Xornada de erradicacion de Invasoras en Louro Silenciosa pero necesaria a proposta de ADEGA de loita contra as invasoras. Xa son 3 os anos que a entidade conservacionista se achega a comezos de verán pola Lagoa das Xalfas, en Louro, para desenvolver unha xornada de erradicación de flora exótica invasora. Unha actuación que conta co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, e que serve para continuar o feito en anos anteriores. Esta clase de xornadas comezan o Centro Social de Louro, onde as 17 persoas participantes, de diferentes lugares de Galiza, recibiron unha pequena charla sobre a problemática que as especies exóticas invasoras producen nos ecosistemas dunares e nas lagoas. De seguido chega o traballo de campo, na praia de Area Maior onde se procedeu á identificación e eliminación da especie obxectivo, que non era outra que chumbeira ou Opuntia sp. ou chumbeira. Esta planta, estaba colonizando a parte superior da duna, de onde se retirou en 2015 e 2016. Comprobaron que non xurdira ningún rebrote na duna, mentres procederon á eliminación e recollida das chumbeiras das leiras limítrofes á parte superior da duna. Os responsables do chiringuito “La Chumbera” fixeron unha intensa poda do exemplar que alí teñen, depositando os restos no contedor instalado polo Concello. Isto demostra que as actuacións desenvolvidas na zona teñen tamén un impacto na sensibilidade dos usuarios da contorna. Tamén se actuou sobre varios pes de Acacia melanoxylon, continuando así o traballo iniciado en 2016. Todo o material vexetal retirado depositouse nun contedor de obra facilitado polo Concello de Muros, encargado tamén da súa posterior retirada. Todo o material retirado ocupaba a totalidade do contedor, polo que o volume de plantas retiradas é de 2,5 m3. Ademais, aproveitaron para retirar o abundante lixo que hai presente na parte superior da duna. Pola tarde, despois de xantar, fixeron un roteiro cara a lagoa para observar as aves acuáticas da lagoa e identificar especies de flora autóctona, e por outra, seguir eliminando pés de B. frondosa. Ademais desta planta, actuouse sobre a Helichrysum foetidum ou falsa árnica da que medraban varios pés na contorna da lagoa. Volveuse a atopar a Hidrocotyle bonaerensis especie amplamente distribuída pola zona e que fai moi difícil a súa eliminación. Porén, en 2016 elimináronse varios exemplares dunha especie de Iris invasor que non foi atopado na quenda de 2017. Lamentablemente, o grupo comprobou a gran cantidade de lixo de todo tipo que hai por toda a contorna da lagoa e que supón unha grave ameaza para a biodiversidade do lugar ao ser un foco de contaminación: cordas, restos de paneis interpretativos, plásticos variados e un acumulador de auga quente foron os tipos de residuos atopados. Aquí deixan unha Galería de fotos da xornada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios