Luns. 09.09.2024
El tiempo

3 meses ca porta de Urxencias destrozada

3 meses ca porta de Urxencias destrozada
A porta do Centro de Saude de Muros leva rota 3 meses

Foi o 24 de decembro do 2013, cando un temporal deses con nome, arrasaba coa porta de de entrada a urxencias do PAC de Muros. Van 3 meses dende aquela e dende a formación galeguista CxG-Muros denuncian que o Sergas non fixo ata o de agora nada por arranxala. Dende aquela, as persoas que acuden ao servizo de urxencias teñen que acceder ás instalacións pola porta das ambulancias, e isto para quen acude con graves ou dolorosas doenzas é un gran transtorno.

A concelleira de CxG María Xosé Alfonso sinala que xa fixo dúas reclamacións á Dirección de Atención Primaria da Área de Santiago e nin recibiu resposta nin ningún responsable ou traballador do servizo de mantemento do Sergas se achegou ao PAC de Muros para interesarse por este problema e ver cal é o estado real do acceso a este importantísimo servicio sanitario, e denuncia que incluso "tivo que ser o propio persoal do centro de saúde quen sinalizara os destrozos e a entrada provisional que agora as persoas que acuden a urxencias teñen que “compartir” coas ambulancias".

CxG denuncia así "o abandono ao que se ve sometido o PAC de Muros neste caso e insta ao Sergas a que arranxe de inmediato a porta de acceso ao servizo de urxencias".

Novas relacionadas

Fonte

  • CxG Muros.

Comentarios