33 mariscadores ilegais expulsados das costas de Muros
Un operativo contra o furtivismo nunha praia de Muros saldouse co comiso de 177 quilos de mexillón de rocha e, sobre todo, coa expulsión da zona de 33 persoas, que mariscaban ilegalmente á vista de todo o mundo. A impunidade social destas prácticas é o que as fai máis perigosas.
Foron 6Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con 6 axentes da Policía Autonómica os que realizaban a operación, na que comisaron tamén 5,8 quilos de ameixa babosa e 14,3 quilos de caramuxos. Ademais dos comisos e a expulsión das persoas levantaron 1 acta de inspección a un vehículo.
Comercialización do marisco ilegal
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor, e aos hostaleiros, que non compren produto fóra dos cauces legais de comercialización.
Novas relacionadas
- 26-08-14: Incautados 50 quilos de polbo sen identificar e máis de 10 nasas en Sardiñeiro, Brens e Muros.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- 13-06-14: Un operativo incauta 32 kg de centola e 36 de percebes a un par de furtivos en Barizo.
- 05-05-14: A Garda Civil incauta en Corme dúas embarcacións e 68 quilos de centola.
- 10-12-13: 150 quilos de percebe incautados en Malpica.
- 25-10-13: Operación Jaulón: Decomisados 7500 quilos de xarda ilegal.
Fonte
- Xunta.