A temporada de incendios arrinca antes da chegada da primavera en Muros
Aínda estamos en pleno marzo, e sen sequera chegar a primavera, xa se rexistrou o primeiro incendio na bisbarra. Esta tarde de domingo 16 de marzo, a Policía Local de Muros recibía un aviso ás 15:25h dun incendio na Crus de Pelos. De inmediato desplegouse un operativo con 4 motobombas, 4 cuadrillas chegadas de Santa Comba, Noia e Santiago e dous helicópteros.
Afortunadamente non houbo danos maiores e arredor das 19:00h da tarde xa estaba practicamente controlado, e xa estaban con traballos para refrescar a zona.
Queimáronse varias hectáres de monte baixo, e se ben ao principio había medo porque o incendio nacía a 200 metros das casas, o lume, por mor do vento, foi cara o pico do monte. Temíase por unha granxa de conexos pero quedou lonxe do lume.
Arredor das 18:00h si que comezaba un pequeno conato a 20 metros das casas pero foi rapidamente controlado polos corpos antiincendios.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Yina Balboa e Manu Sante.