Venres. 19.04.2024
El tiempo

ADEGA propón unha nova xornada de eliminación de Flora Exótica Invasora en Louro

Imaxe do grupo de voluntarios da xornada de 2017
ADEGA propón unha nova xornada de eliminación de Flora Exótica Invasora en Louro

O vindeiro 14 de setembro de 2019, todo aquel que queira colaborar na erradicación de especies invasoras da Lagoa das Xalfas, poderá participar coa Asociación ADEGA. Trátase dunha nova xornada de acción directa no marco do programa de educación, divulgación e voluntariado ambiental da entidade, na que ademais o voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación.

Con esta iniciativa dase continuidade ás accións iniciadas en 2015 e en 2017 coa eliminación nas dunas e lagoa de Louro.

A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e dunha pequena introdución á problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo, para os que o voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde, cun roteiro e observación de aves.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse en [email protected] ou nos 981 57 00 99 / 616 238 050.

Novas relacionadas

Comentarios