Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Adisbismur celebrou 40 anos de inclusión

Foto de Familia do 40 aniversario de Adisbismur
Foto de familia dos 40 anos de Adisbismur
Adisbismur celebrou 40 anos de inclusión

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) vén de celebrar o pasado venres o seu 40 aniversario. Era a primeira vez que artellaban unha celebración así, e parece que lle colleron o gusto, pois saíu un evento tremendamente emotivo, e cargado de inclusión. Serían unhas 170 persoas as que encheron a Casa da Cultura de Outes, entre usuari@s, familiares, traballador@s, soci@s, voluntari@s e autoridades.

Os rexedores dos concellos de Muros, Mazaricos e Outes (o carnotán non puido pois estaba con febre), así como o Director Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, e a Deputada de Benestar Social e Educación da Deputación de A Coruña, non quixeron faltar a esta cita onde se pon en valor o traballo realizado en materia de inclusión.

Foi a propia Fina Lestón, xunto con Moncho Sestayo, os dous traballadores máis veteranos, os que lembraron aqueles inicios en xuño de 1982, cando ían porta por porta para coñecer as necesidades das persoas con discapacidade, que “naquel entón non tiñan nada e ata estaban agochadas nas súas casas”, como conta Fina. Fixeron un percorrido ata os nosos días, nos que o Centro acolle a 50 persoas con con discapacidade intelectual e mixta, ofrecendo diferentes servizos que lles permiten vivir unha vida plena.

Fina Leston recibindo o premio de Adisbismur
Fina Lestón recibindo o recoñecemento

A cita serviu para darlle un recoñecemento á propia Fina, como traballadora máis veterana, e tamén ao voluntario máis sénior, o muradán Onésimo Santiago, que aos seus máis de 80 anos segue colaborando en cada actividade.

"Superamos moitas barreiras ata chegar o que hoxe somos, unha entidade sen ánimo de lucro que da cabida o redor de 50 usuarios/as, axudandoos e aprendendendo deles no día a día", valora María Outón. "Foi un día máxico, emotivo, onde contamos vellas anédoctas e plasmamos o vivido o longo destos 40 anos".

Antes do peche das autoridades, o grupo Ghaitas Blu de Outes, onde toca unha das monitoras, fixeron as delicias musicais dos presentes.
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, falou en clave de futuro sinalando que a entidade xa está pensando en construír, nun edificio cedido polo concello de Outes preto do Cruceiro de Roo, unha residencia para persoas con diversidade. Novos retos para outros 40 anos.

Grupo de Gaitas Blue de Outes
Grupo de Gaitas Blu

Máis novas de inclusión

Comentarios