Martes. 27.09.2022
El tiempo

Un agosto de petróglifos e actividades en Muros

Visita nocturna petroglifos de Muros
Un agosto de petróglifos e actividades en Muros

Éxito rotundo están tendo as visitas nocturnas guiadas que ofrece Muros aos seus petróglifos. Ata o 19 de agosto, María ofrece unha ruta interesantísima aos tesouros muradáns da idade de Bronce. Poden reservar na: Oficina de Turismo Concello de Muros 981826050

Ademais da Laxe das Rodas, visítanse a Cova da Bruxa no monte das Forcadas, ou os petroglifos de Eiroa e os da Boca dos Curros, que se atopan na zona máis alta do concello.

Programa

Pero o verán muradán ten moitas máis actividades. O pasado xoves non puido celebrarse a obra por problemas técnicos da empresa, pero este mércores 10, ás 22:00h, temos cine na praza do Mercado, coa peli infantil “Valentina”.
O xoves 11, ás 21:30 h, en O Artón – Esteiro, máis cine co filme galego Cuñaos, con Miguel de Lira, Fede Pérez e Xosé A. Touriñán.
O venres 12, ás 18:00 h, en San Francisco – Louro, espectáculo de maxia de rúa con Galicia Ilusiona.

Xa para xoves 18, ás 22:00 h, volve o cine ao Artón, con “Los Croods 2 : Una nueva era”.
Ese mesmo venres 19, ás 21:30 h, na Praza do Mercado de Muros, teatro de rúa cos Quinquilláns, e a súa “Terra de Raíñas”.

O venres 26, outra de teatro de rúa con Catropés e o seu “Animacreques”, tamén ás 21:30h na praza do Mercado.

Programaq Cultural Muros Agosto 2022

Paralelamente, estáb abertas varias exposicións no Centro de I.P.M de Sel:

NoMuíño de marea do Pozo do Cachón:

  • ”Muros y su entorno”, pinturas de  Alfredo Utrilla.

E no Mercado de Muros:

comentarios