Martes. 22.09.2020
El tiempo

Escarabana, a opera prima da xa directora Sara Casasnovas gravada na Costa da Morte

Escarabana, a opera prima da xa directora Sara Casasnovas gravada na Costa da Morte

Trailer Escarabana from sara casasnovas on Vimeo.

Natural de Ourense, para nós é como a filla adoptiva que sempre quixemos ter. A actriz Sara Casasnovas, estivo unha longa temporada gravando a súa opera prima como directora no seu refuxio, na Costa da Morte. Zoas como o Cabo Vilán ou o Mosteiro de Moraime son o epicentro desta trama de vampiros, na que Sara aparece acompañada por Iván Marcos, pola pequena artista Ana Oca, e mesmo pola fareira do Vilán, Cristina Fernández.

Por agora non sabemos cando será a estrea, e só temos o trailer emais o título, “Escarabana”, aínda que ía chamarse “La chica del maletero”. Así a define a propia directora:

“El hambre, la bruma, la huida. Un viaje sin fin hacia la propia naturaleza... conduciendo Cadillacs y escapando del sol”. Ana Oca con Sara Casasnovas Ana Oca con Sara Casasnovas  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios