A antiga Fábrica de Sel acolle desde hoxe mércores as II Xornadas da Historia de Muros

07:51 08/10/25
Desde este mércores, 8 de outubro, e ata o sábado 11 celébranse na antiga Fábrica de Sel as II Xornadas da Historia de Muros ‘Vivencias da Veciñanza’, organizadas pola área de Cultura do Concello de Muros.
As xornadas inaugúranse o mercores coa intervención de Margarita Novo ‘Unha ollada dende o mar. Os bares como principais lugares de ocio dos mariñeiros de Muros’, e a apertura da exposición de fotografía ‘Veciños de Muros nos anos 50. Visión de D. A. Selgas’, comisariada por Madó Santos.
“Unha oportunidade de lembrar e ter moi presente o noso pasado como vila da man dos seus principais protagonistas, os veciños e veciñas de Muros”, asegura Caridad González, concelleira de Cultura.