sábado. 13.06.2026
El tiempo

Aprobado o novo plan de restauración ambiental para a confraría de Muros con pequenas axudas para as mariscadoras

O patron de Muros Daniel FOrmoso coa Conselleira do Mar Maria Villaverde
O patron maior da Confraría de Muros, Daniel Formoso, coa Conselleira do Mar, María Villaverde
Aprobado o novo plan de restauración ambiental para a confraría de Muros con pequenas axudas para as mariscadoras

 

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou onte co patrón maior da Confraría de Pescadores de Muros, Daniel Formoso Moledo, o convenio de colaboración que activa o plan de restauración ambiental das súas zonas produtivas. Conta orzamento de 352.403,10 euros, e aseguran que o sector participou no deseño das acción destinadas para paliar a mortaldade de bivalvos do inicio do ano. 

A firma impulsa un compoñente social crucial, xa que permite compensar con ata 700 euros mensuais ás persoas mariscadoras que participan nestes labores de rexeneración, destinando máis do 89 % do importe total do convenio directamente ao pago destas compensacións.

Rexeneración e sementeiras 

O proxecto técnico prevé a mobilización progresiva de ata 71 profesionais e centrarase nas zonas produtivas da praia do Castelo e os bancos da enseada de Esteiro (praia de Esteiro e desembocadura do río Maior). O plan de traballo estrutúrase a través de labores manuais de descompactación e osixenación do substrato para optimizar o asentamento dos bivalvos, complementados coa retirada de algas ou cunchas e a clasificación do lixo mariño para o seu posterior tratamento ecolóxico.

Asimesmo, o documento subscribe o obxectivo de incrementar a biomasa dos bancos mediante sementeiras a comezos de outubro. O plan complétase cun programa bimensual de mostraxes e seguimento biolóxico, quendas de vixilancia diaria de catro horas nas baixamares diúrnas e accións formativas específicas orientadas á aprendizaxe de técnicas de semicultivo e á identificación precoz de especies exóticas invasoras.

Comentarios